30 de junio de 2026

A POSTAL SONORA DA SEMANA - RADIO ESCOLAR

O alumnado de 6.º de Primaria do colexio El Castro presenta as súas postais sonoras: pequenas creacións nas que a voz, a palabra e os sons se combinan para evocar lugares, lembranzas e emocións.

Esta actividade forma parte do noso proxecto de radio escolar e permitiunos traballar a expresión oral, a escritura creativa e a escoita atenta, descubrindo novas formas de comunicar e de compartir aquilo que sentimos. Este clip forma parte do proxecto escolar para o fomento do uso da lingua galega.

...TEMOS UN IDIOMA PRECIOSO!!!